miércoles, 26 de abril de 2017

"A norteamérica"

"Cando o dono dos cabaliños tocóu o subioto, o Cachorro volveuse cara mín sorrindo e xa, sin máis, antes de que a plataforma collera velocidá, subíuse a chupar, plan plan plan, batía as palmas así, tres veces seguidas, e logo berraba: "Chuuuú pa". Subíamos todos i o dono cabreábase e botábanos fora, veña,  todos fora, e saíamos, xa verás, decía o Cachorro, vainas pagar. A veces tirábamoslle pedras. Pero casi sempre marchábamos. Decía o Cachorro: "A norteamérica" e íbamos correndo pra un banco da Alameda, así lle chamaba il, e dende alí repartía os periódicos, sin se mover, a ver, Cascón, leva os periódicos da Plaza Maior. O Cascón nunca íba de boa gana."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs.22

No hay comentarios:

Publicar un comentario