martes, 6 de enero de 2015

Deixou de saír a auga en todas as burgas

"Que pasou logo, diredes? Mirade, sei que non mo ides crer. Nós mesmos quedamos pampos, pero foi tal como volo conto: cando iamos á altura da Burga de baixo -na que a aquela hora, aínda sendo tan cedo, non se vía ninguén, cousa sorprendente- todos os seus canos, os tres á xunta, pararon de botar auga.

  Non o creredes, pero nun instante deixou de saír a auga en todas as burgas. O chorro da auga cortouse de todo, tanto o da Burga de riba como a de baixo. Mesmo se deixou de escoitar o motor da piscina que está no medio das dúas. Foi só un instante, visto e non visto. Tan rápido que non nos deu tempo a reaccionar. Deseguida, todo volveu á normalidade."

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx. 18-19

No hay comentarios:

Publicar un comentario