jueves, 15 de enero de 2015

Algo que nos chamou a atención

"Por se acaso podiamos achar algunha pista, como o Lois vira fuxir o sospeitoso cara a San Francisco, decidimos dar unha volta por aló. En realidade non sabiamos se aquel home tiña algo a ver co misterioso comportamento das Burgas, pero a min había algo que me facía sospeitar que si. Os nosos plans de ir pasar un día de lecer e bañarnos no río quedaron aparcados de momento. Pasamos a praza do Correxidor, onde está a estatua de Otero Pedrayo, e deseguida estivemos no convento de San Francisco. Como estaba valado por obras, non puidemos acceder. Así e todo, na explanada diante da fachada do convento vimos algo que nos chamou a atención. Un obxecto metálico de cor negra brillaba lixeiramente, cunha raiola de sol que entraba entre as árbores. Raia foi a primeira en velo."

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx.31-32

No hay comentarios:

Publicar un comentario