sábado, 17 de enero de 2015

A auga da Burga saía fría

"-Pois a min tamén me pasou unha cousa ben curiosa -dixo o Capitán-. Fun ás Burgas, e non vin nada raro ao principio, sabedes? Todos os canos botaban coma sempre...

 -Pero algo raro si que verías, non? -interrompín, sen esperar máis-. Porque falaches de algo curioso.

 -Sabela, non se che escapa unha. Déixame que remate: as Burgas deitaban auga, coma sempre, ben quentiña. Saía vapor a esgalla na Burga de abaixo, como que sae a máis de sesenta graos centígrados. Pero cando me ía mirei a Burga de arriba, onde daquela non había ninguén, ao contrario que na outra. Algo me chamou a atención. Os meus supersentidos notárono. Metín a man no chorro de auga que saía do cano e...

 (...) -Adiviñade -concluíu o Capitán-. A auga da Burga saía fría!"

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx.35-36

No hay comentarios:

Publicar un comentario