domingo, 11 de enero de 2015

Corremos todos, tras eles dous

"Era certo, o noso perseguidor, ao ver aparecer o Capitán, corría rúa arriba, cara a Santo Domingo, coma unha moto de carreiras, a canto lle daban as pernas. Pero o Capitán Aspanitas xa lle gañaba terreo.

 Corremos todos, tras eles dous, coma se fixésemos os cen metros lisos nas olimpíadas. O Capitán estaba a piques de alcanzalo. Non estaba a máis de catro pasos del, cando o home do chándal dobrou á dereita e entrou na rúa de Santo Domingo.

(...) O home do chándal aproveitou a ocasión e perdeuse rúa adiante, a toda velocidade."

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx.25-26

No hay comentarios:

Publicar un comentario