miércoles, 8 de abril de 2020

Máis música


Para rematar faremos mención ao nome dalgúns grupos: “Romasanta”, grupo metalero suramericano nacido no 2005, o seu nome parece ser pura coincidencia co  noso protagonista.
O nome do grupo que si se inspira en Manuel Blanco Romasanta é o de “Lobishome”, grupo pontevedrés, concretamente de Montalvo, que existiu entre 2010 e 2015 e que practicaba según eles mesmos “un garaxe punk surf bastardo”. Publicaron un longa duración “Los seres extraños que habitan tu mente” (2012) e dous de corta duración: “Fobias, complejos, historias y huesos” (2013) e “Lobis Mullet” (2013) disco que unía colaboracións de dous grupos bizarros: Mullet e Lobishome.

Realmente no son hombres lobo, aunque lo parezcan cuando desenfundan sus instrumentos. Ellos se definen como un power trío muy macarra, medio lobos, medio perros. Palleiráns de pura raza gallega con arrebatos de esquizofrenia repentina, que nos llevan a emitir una especie de gritos y ladridos desde lo más profundo de nuestro animalismo. Tenemos un comportamiento y una actitud   dignos del propio Romasanta”.    
  lafonoteca.net

En clave humorística relacionada co personaxe do “sacaúntos” lembramos un dos temas míticos da programación infantil da Televisión de Galicia de finais do século XX, o Xabarín Club, do grupo Berrogüetto, onde o “sacaúntos” formaba parte da dieta dos rapaces máis gordechos. 
 
Finalmente mencionar que nas festas de Esgos desde hai unha chea de anos celebran un festival rock que ultimamente pasou a denominarse Festival Rock “Home do Unto”. É que o noso personaxe está máis vivo que nunca.




No hay comentarios:

Publicar un comentario