sábado, 25 de abril de 2020

Bibliografía cronolóxica (I)


· Década de 1850. Pregos de cordel coetáneos ao proceso como o de “O lamentábel romance das moitas mortes executadas polo reo Manuel Lobo no reino de Galiza, como abría as vítimas e lles sacaba o unto”. Citado por Rúa Figueroa na Reseña da Causa contra Manuel Blanco Romasanta; descoñécese por completo, sendo esta a única referencia que se ten.
 

“También llegó a sus manos (refírese ao avogado defensor Rúa Figueroa) durante la sustanciación de la causa otro cuyo protagonista era su defendido: la exactitud de su relación se puede deducir del epígrafe que lo encabeza: “Nueva relacion y lastimoso romance reducido á manifestar al público, de las muchas muertes ejecutadas por el reo Manuel Lobo, en el reino de Galicia, como les abria y les sacaba el unto, y la justicia que se ejecutó con dicho reo el dia 4 de Agosto en la villa de Celanova en este año de 1853, con todo lo demás que verá el curioso lector.” No tiene año ni lugar de impresion.”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 162 da Reseña.
 

· 1853: Prego de cordel: “Romance Histórico el que manifiesta los horrorosos crímenes cometidos en Galicia por Manuel Blanco Romasanta, de edad 43 años, Vecino de Regueiro, Partido de Allariz, transformándose en lobo por una maldición que su padre le había echado, comiéndose las personas que mataba, como á sido descubierto y el juez de dicho partido le ha aplicado la pena de muerte en el mes de junio de 1853”; publicado en Madrid, localizado na colección de Francisco Mendoza Díaz-Maroto: “Panorma de la literatura de Cordel española”, páx. 142 (Olleros&Ramos Editores, 2000). Dado a coñecer en 2007 polos irmáns Castro Vicente (Revistas Hibris e Lethes). É propiedade dun tal Eugenio Bahamontes e está feito na imprenta de Jose María Marés, na rúa Relatores-17 de Madrid. Consta de catro páxinas e presenta un grabado cun lobo e unha víctimas súas nas aforas dunha aldea. O único exemplar coñecido consérvase no Arquivo Castro Vicente.


· 1854: Retrato do home lobo realizado polo famoso litografista madrileño Vicente Urrabieta  (o único retrato seu coñecido), acompañado da descrición de Romasanta feita polos facultativos de Allariz. La Ilustración. Periódico Universal. 26-6-1854. Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario