lunes, 27 de mayo de 2019

Co ventre enorme

“Pero aquilo era outra cousa, aquilo doía, quitaba a fame e o sono e apuña un arder lento e continuado por todas as entrañas que non lle daba descanso a hora ningunha. Choraba cando non a vía nin a escoitaba ninguén. Tiña medo de estar levando dentro un fillo de lobos, porque nalgunha ocasión sentira a Manuel dicir que levaba un lobo dentro. Todo era posible. Era cándida e estaba namorada e expectante.

 A mamá ollábaa de esguello. Léralle nas olleiras e na palidez un algo confuso, entre preñazo e desgraza, pero non quería falar dunha cousa para que os fados fosen concederlle a outra, sobre todo da primeira para a segunda.

 Pero foi que de alí a pouco morreu co ventre enorme de inchado, Francisca.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 42-43

No hay comentarios:

Publicar un comentario