domingo, 21 de mayo de 2017

¿cál?

"Apóianse na baranda da ponte. Vese Ourense, un murmurio de luces e ruidos, e vese tamén a casa de Pila.

 -Alá.

 -Non vexo ben.

 -Sí, home, mira alá.

 Il insiste en que non ve ben i entón ela colócase detrás dil, ca mau esquerda faille xirar a cabeza en dirección ó barrio da Ponte, mira acolá, ¿non ves aquela casiña pequena cunha fiestra roxa no medio?; sí, pois aquela non, a outra, a que queda pra iste lado, ¿cál?,¿a que non ten balcós; sí, sí, esa misma. Il move a cabeza e roza a meixela dela. Bícaa, enlázaa pola cintura e continúan andando. O sol entérrase detrás do monte de Ervedelo, fíxate qué bonito, Cachorro, i a oscuridá faise densa."
 
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.81-82

No hay comentarios:

Publicar un comentario