jueves, 5 de enero de 2017

"Toribio" (1991-1994)

                                  "Este é Toribio. Ten oito anos e fai inventos"

Carlos Casares. Este é Toribio. Ed. Galaxia, colección Árbore-Primeiros lectores, 1991, páx. 3
                                   Con ilustracións de Penélope Ares.


A serie consta de cinco libros publicados ao longo de tres anos, todos eles con ilustracións de Penélope Ares. Son os seguintes:

-Este é Toribio. Ed. Galaxia, colección Árbore-Primeiros lectores, 1991.

 











-Toribio contra o profesor Smith, Ed. Galaxia, colección Árbore-Primeiros lectores, nº 38, 1991.

 

-Toribio e o contador de contos. Ed. Galaxia, colección Árbore-Primeiros lectores, nº 44, 1991.
 

-Toribio ten unha idea, Ed. Galaxia, colección Árbore-Primeiros lectores, nº 51, 1992.

 -Toribio revoluciona o tráfico. Ed. Galaxia, colección Árbore-Primeiros lectores, nº 69, 1994.





"Coa serie de Toribio, Carlos Casares pon novamente o dedo na chaga noutra das carencias da literatura infantil e xuvenil galega: a ausencia de series de escenarios e personaxes reiterados. (…) Dado o divertida que a serie resulta e a súa calidade literaria, é unha pena que o seu autor non a tivese continuado aportando máis títulos a partir de 1994. Curiosamente, os finais dos diferentes títulos da serie raramente son rotundos, pois supónselles continuidade noutras entregas e case que todos esixen continuidade, moi especialmente o derradeiro, Toribio revoluciona o tráfico. 

A colección que acolle a serie, ilustrada toda ela por Penélope Ares, é Árbore, baixo a asignación de idade de Primeiros Lectores. Toribio, o protagonista, é un neno de 8 anos que é inventor de múltiples cousas (lembremos a Leoncio e a Xan da Coba) e vive enfrontado ao temible profesor Smith. Excepto o primeiro volume da serie, Este é Toribio, que practicamente se limita a presentar os personaxes (Toribio, a súa nai, pai, amiga Sara, as súas cousas, o seu cuarto, etc), os diferentes títulos dan conta dos enfrontamentos entre Toribio e o profesor Smith, que coa súa maldade pretende utilizar os inventos no seu propio beneficio ou, simplemente, facer o mal. Para combatelo, Toribio (e mais a súa amiga Sara) conta coa complicidade do profesor Papafigovich de Moscú e co profesor Pardau de Lisboa e comunícase con eles a través da Ra dos Recados. 

A través dunha linguaxe sinxela, que emprega divertidos tecnicismos para definir os inventos, dun humor desbordante e dunha exhuberante imaxinación, as tramas, as situacións, os personaxes e os propios inventos están pensados para facer rir aos rapaces e rapazas: O Telebrazo Global Laserizado, a Pantalla Universal Chismorrosa, O Contador de Contos con Efecto Retardado, o Lingú (Lingua Autónoma Universal Dixitalizada), o Lápiz das Cousas Imposibles, a Goma de Borrar Disparates, o Telepuño Universal Articulado ou o Altavoz Direccional Ulstrasónico son algúns deses simpáticos inventos.
As ilustracións do libro, ademais, cadran perfectamente co delirante humor do texto e conectan moi ben co seu espírito."

Fran Alonso, “A obra infantil de Carlos Casares”. Revista de Estudios Miñoranos. Consultado na rede: en Centro de documentación da Asociación de escritores/as galegos. (22/12/2016)

CARLOS CASARES: LETRAS GALEGAS 2017
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario