Hai xa máis de dous meses que Blanco-Amor entregoulle o testigo ao Padre Feijóo no 250 aniversario da súa morte. Agora tocar retornar aos carreriros de Blanco-Amor, máis ben ás rúas, de Auria. E nada millor que unha entrada que relacione aos dous escritores e as súas bibliotecas, desgraciadamente, con similares e traxicos finais.
"A principios de maio (de 1965, fala de Blanco-Amor) vaise a Madrid. Esta vez hospedase no Hotel Mediodía (...) Polas mañás traballa na súa Antología del Padre Feijóo -unha vez que xa conseguiu interesar aos do Centro Gallego de Bos Aires da importancia da obra- e visita a Biblioteca Nacional para localizar o traballo de Concepción Arenal sober o sabio benedictino, que EBA quere pór como prólogo da antoloxía."
"Por outra banda, a súa antoloxía do Padre Feijóo está xa lista (estamos no ano 67) e pronto sairá impresa no Faro de Vigo. Os do Centro Gallego de Bos Aires piden dous mil exemplares; doutros dous mil pode dispoñer el mesmo deles. El decide que os distribúa Galaxia"
"Aínda están en Vigo os caixóns con todas as miñas cousas, e parte grande dos libros, apodrecendo, vai para dous anos e medio, nos sótanos dunha botica polas paredes da cal escorre a auga en canto choven catro pingas. No medio o meu arquivo fotográfico con máis de trinta mil clichés...
O dezaseis de xuño (de 1967) aproveitando a exposición de Laxeiro viaxa a Vigo e o que atopa disgústao profundamente: "estiven en Vigo... con Laxeiro. Ese mesmo día acadei os caixóns de libros e as cousas. Calculo as perdas nunhas cen mil pesetas. ¡Non sei como non me dou outro infarto: edición príncipe de Cartas Eruditas de Feijóo; seis mapas de Galicia -italianos e franceses- do XVII, XVIII, o mapa de Fontán, colección de gravados franceses do XVIII, un augaforte de Solana -salvouse o outro-, o 40% dos libros...! Todo desfeito sen remedio"."
Eduardo Blanco-Amor, Diante dun xuíz ausente, de Gonzalo Allegue, ed. Nigra, Vigo, 1993, páxs. 290, 301 y 302.

"Os libros da Biblioteca I", do Catálogo da exposición
"O Padre Feijóo: Cidadán libre da República Literaria", páx.72,
Xunta de Galicia, celebrada en Ourense en outubro de 2014.
O incendio no mosteiro de Samos que destruiu os libros do Padre Feijóo sucedeu o 24 de setembro de 1951. Testemuña dun testigo
Imaxes tomadas do xornal: El Progreso
No hay comentarios:
Publicar un comentario