domingo, 16 de noviembre de 2014

Con motivo da inauguración da estatua

"Indudablemente o día principal era o 8 de setembro no que se descubría a estatua por todas as autoridades e o público xeral que se desprazara ao evento. Ese día comezaba cunha misa de campaña ás nove da mañá oficiada polo Bispo, baixo o arco de triunfo erguido para a ocasión. Sería as doce cando a comitiva, saíndo do Pazo provincial, se dirixiría cara á Praza de Isabel a Católica e mentres soaba o himno interpretado polos alumnos do Seminario Conciliar con letra de Jesús Muruais, descubrir a imaxe á unha da tarde.

  Mais os actos comezaron o día anterior coa Exposición Provincial de Ganados na Alameda do Cruceiro. (...)

  O Colexio Médico-Farmacéutico organizaba para o día nove o certame científico no que se propuña unha temática de temas aplicación práctica: investigacións das adulteracións dos alimentos principalmente consumidos en Galicia e o estudo do mellor método para evitar o desenvolvemento de enfermidades infecciosas na cidade. Previo discurso dos doutores Fuentes e Teijeiro, o primeiro premio -unha pluma de prata- foi concedido ao farmacéutico da Coruña Gumersindo Pardo Reguera e un accésit ao médico do batallón de infantería de Murcia Félix Estrada.

  A entrega do premio foi presidida por Emilia Pardo Bazán quen invitada a falar tivo que improvisar -segundo a crónica periodística, aínda que a realidade era que levaba tempo preparándoo- un discurso sobre o Padre Feijóo que os asistentes cualificaron de moi meritorio.

  Máis conflictivo resultou o apartado musical en relación ao orfeón que mellor interpretase as composicións..."

"Festexos celebrados en Ourense con motivo da inauguración da estatua do Padre Feijóo en 1887", do Catálogo da exposición "O Padre Feijóo: Cidadán libre da República Literaria", páx. 204-205, Xunta de Galicia, celebrada en Ourense en outubro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario