lunes, 11 de agosto de 2014

O millor do Instituto

"Era o Elixio, xa o dixen, tan bo, unha migalla cazurro, decote a sorrir por ren; polo cuio resultaba coasi outro cando se puña serio, atal si envellecese de sócato; fillo da señora Ermelinda e do señor Gonzalo, aínda algo parentes nosos, que vivían a carón pola rúa do Tecelán, dúas ou tres casas, o millor na escola e agora no Instituto (que como só ían ao Instituto os fillos dos ricos, que deu moito que falar que o meteran pra o bachiller;(...))

  e agora era o millor no Instituto, sin botar por ela, sin aquel arroallo que collen os "saritas" do señorío e os seus pais cando pescan unha matrícula, que hastra ao Carlitos dos Canedas, regaláralle seu pai un cabaliño feituco como os que traguía o Circo Feixoo, por dous sobresaíntes da merda e con empeños"

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 9-95, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

No hay comentarios:

Publicar un comentario