viernes, 8 de agosto de 2014

E guindaron...

"que sairon dos érbedos máis de cincuenta homes da fidalguía de A. e dos arredores, e guindaron co señor bispo no río (que viña de confirmar pola bisbarra de Paga e de Castrelo), metidos na súa carroza de catro mulas, e guindaron aos familiares do bispo, e guindaron aos espoliques, e guindaron á xente de armas, máis de vinte, do seu cortexo, e guindáronos coas bestas, que endexamais se soupo diles, nin das bestas, nin alí nin augas abaixo, nin ás tonas pechas do río, que era polo fin do vrau, aboiou ren, nin chegaron ao fondo cantos adibales se lle botaron con rizóns pra os averiguar..."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx.80, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

No hay comentarios:

Publicar un comentario