martes, 20 de mayo de 2014

Posto de estampas i escapularios

"Quizabes de todo isto veu o que me deixase levar por Crisanto, que era un gran troleiro i encalatrador, todos o sabiamos, anque moi serioso de facha, que non se sabía ben cando argallaba ou cando decía verdade; digo o Crisanto, o fillo de dona Quiteria a maragata, que tiña posto de estampas i escapularios a carón da porta da Catedral, na praza do Trigo."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O encalatro", páx.38

No hay comentarios:

Publicar un comentario