miércoles, 28 de mayo de 2014

Ese vezo de andar roendo cousas

"Eu andaba decote rillando algo, chicolate, mazás, cousas que pillaba na cociña, que non era de fame senón que tiña ese vezo de andar roendo cousas. Tamén somellábame que un podería morrer de fame, tanto tempo sin meter nada no corpo. A min facíanme deitar co toque da retreta do coartel, que era ás nove, e tería que apandar coa fame até a misa da comunión. Craro está que as había cedo, pro á figureira da miña tía Ermitas -xa nolo tiña dito-  metéraselle na chola que tiña que ser na das once, en Santa Eufemia, que era o do señorío."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "Primeira Comunión", páx.51

No hay comentarios:

Publicar un comentario