miércoles, 21 de mayo de 2014

As raxeiriñas do sol mixeirento

"Conque botamos a andar comendo as castañas e aproveitando as raxeiriñas do sol mixeirento que daba no cruce das rúas. E foi nesas onde escomenzou o encalatro.

  Púxose a dicir que tiña un avó que era home de moita riqueza, que nin sabía canto tiña; que vivía nun grande pazo, con trinta ou corenta de servidume (...)  Díxome que era perto de Barra de Miño e que se chegaba de contado botándose a andar pola vía."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O encalatro", páx.39

No hay comentarios:

Publicar un comentario