miércoles, 26 de febrero de 2020

Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. 2016.


A partir das sextas xornadas, no ano 2016, sobre Manuel Blanco Romasanta organizadas pola Fundación Vicente Risco e celebradas en Allariz, os organizadores en colaboración con Urco editora presentan unha compilación de contos de diferentes autores nos que actualizan o mito de Romasanta desde distintas perspectivas: no 2016 como criminal, no 2017 como reo, no 2018 relacionado coas mulleres e no 2019 como vagabundo. Agardemos teña continuidade durante moitos anos esta iniciativa que enriquece a literatura arredor de Manuel Blanco.

Capa do libro. Urco editora, 2016.


No hay comentarios:

Publicar un comentario