martes, 29 de noviembre de 2016

"Gaceta de Galicia (diario de Santiago)" Compostela, 1894-1899



Dende 1897 con asiduidade, e xa polo 1894 debía colaborar. Durante 1899 dirixe o suplemento literario deste xornal: “La Semana Literaria”, onde ademais de publicar baixo o seu nome, tamén escribe co pseudónimo de: Blanca de Valdomir.



               

-nº. 104 (06/05/1899), no suplemento literario do mesmo xornal “La quincena literaria” publica íntegro o relato “Tristezas de amor”, que será o relato que abra o seu libro Narraciones compostelanas, e que publicará novamente, en tres entregas, neste mesmo xornal:
         a) nº. 217 (18/08/1899)   b) nº. 223 (19/08/1899)      c) nº. 225 (22/08/1899)

-nº. 138 (17/06/1899), no suplemento literario do mesmo xornal “La quincena literaria” publica íntegro o relato “¿Amor?”, pertencente a Narraciones compostelanas, e que publicará novamente, en tres entregas, neste mesmo xornal:
              a) nº. 277 (18/10/1899)        b) nº. 288 (01/11/1899)
Tamén aparece un pequeno texto literario co título “El Pudor” baixo o pseudónimo de Blanca de Valdomir.


-nº. 152 “Suplemento Semana literaria” (01/07/1899):”La Virgen de la leche”. Relato pertencente a Narraciones compostelanas que publicará novamente no nº. 234 (31/08/1899), na pubIicación por entregas desta novela.

- nº. 159 “Suplemento Semana literaria” (08/07/1899):”Ángeles de redención”. Relato pertencente a Narraciones compostelanas que publicará novamente en dúas entregas:
                a)  nº. 258 (23/09/1899)                           b) nº. 260 (26/09/1899)


Publicaríase este relato novamente en Revista Gallega: semanario de literatura e intereses regionales,de Galo Salinas, A Coruña,  nº 448, 18/10/1903.
 
Tamén aparece un pequeno texto baixo o título “Notas femeninas” co o pseudónimo de Blanca de Valdomir, no que reivindica a igualdade da muller na sociedade actual.

- Publica Apuntes sobre literatura gallega, entre o o 10 e o 15 de agosto de 1899 (números 214 a 216: 10, 12, 13 e 15 de agosto). 

-Publica, por entregas, os vinte relatos, en castelán, que compoñen o seu libro Narraciones Compostelanas. Será entre o 18 de agosto e o 15 de novembro de 1999.

Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: nº. 217 (18/08/1899), 
nº. 223 (19/08/1899), nº. 225 (22/08/1899), nº. 226 (23/08/1899), nº. 229 (29/08/1899), nº. 232 
(30/08/1899), nº. 234 (31/08/1899), nº. 238 (05/09/1899), nº. 240 (06/09/1899), nº. 241
 (07/09/1899), nº. 255 (20/09/1899), nº. 256 (21/09/1899), nº. 257 (22/09/1899), nº. 258 
(23/09/1899), nº. 260 (26/09/1899), nº. 261 (27/09/1899), nº. 261 (28/09/1899), nº. 265 
(03/10/1899), nº. 266 (04/10/1899), nº. 268 (06/10/1899), nº. 277 (18/10/1899), nº. 288 
(01/11/1899), nº. 289 (03/11/1899), nº. 291 (07/11/1899), nº. 292 (08/11/1899), nº. 292 
(09/11/1899), nº. 293 (10/11/1899)   nº. 294 (11/11/1899)   nº. 296 (14/11/1899)  nº 297 
(15/11/1899). 

- nº. 165 (29/07/1900): “Crítica a Flores de espino de Javier Valcarce Ocampo”.

- nº. 170 (24/07/1904): “Alfonso XIII”  

- nº. 223 (19/08/1899): Ademais da segunda entrega de Narraciones compostelanas, aparece o poema “Cielo”, no suplemento Semana literaria.

- nº. 229 (26/08/1899)  Suplemento La Semana literaria: “La isla azul”: Relato que pecha Narraciones compostelanas que publicará novamente en dúas entregas:
         a) nº. 296 (14/11/1899)                 b) nº 297 (15/11/1899)

Será publicado novamente no mesmo xornal no nº. 141 (17/07/1916): na sección “Alredores compostelanos”.

Neste mesmo número aparece unha “Carta abierta” dirixida a Heraclio Pérez Placer e asinada por Juan Morón, e datada en San Mamed de Valente o 24 de agosto de 1899, para agradecerlle as publicacións que fai tendo a Compostela como protagonista. Continuará no nº 242.

- nº. 242 (08/09/1899) no suplemento Semana literaria aparece o relato “Ladrón” que formara parte de Narraciones compostelanas  publicado posteriormente en tres entregas:
          a) nº. 292 (09/11/1899)     b) nº. 293 (10/11/1899)          c) nº. 294 (11/11/1899)
Continúa a “Carta abierta” de Juan Morón a H. Pérez Placer. Tamén aparece un relato de R. de Artaza dedicado a Pérez Placer.
- nº. 258 (22/09/1899) no suplemento Semana literaria aparece un poema en galego “Despedida” asinado co pseudónimo de Blanca de Valdomir.

- nº. 263 (29/09/1899) no suplemento Semana literaria aparece o relato “La flauta encantada” que formara parte de Narraciones compostelanas  publicado posteriormente en tres entregas:
              a) nº. 291 (07/11/1899)    b) nº. 292 (08/11/1899)      c) nº. 292 (09/11/1899)

Tamén aparece un poema en galego “N´a corredoira” asinado co pseudónimo de Blanca de Valdomir.

- nº. 274 no suplemento Semana literaria aparece, en galego, unha “Lenda tráxica” asinada por Blanca de Valdomir.

- nº. 285 no suplemento Semana literaria aparece, en galego, un poema titulado “Farrucos” asinado por Blanca de Valdomir.

- nº. 300 no suplemento Semana literaria aparece, en galego, un poema de berce titulado “O pé do rolo” asinado por Blanca de Valdomir. Este poema xa aparecera en dúas ocasións, asinado polo propio Heraclio Pérez Placer: no Tío Marcos da Portela: 2/1/1887: “O pé d´o rolo”  Parrafeo 161, páx.5; e no xornal As Burgas: nº10, 3/3/1895: “O pe do berce” (poema).

- nº 317 (08/12/1899) no suplemento Semana literaria aparece o relato “Pitirroxos”. Este relato xa fora publicado en “El Eco de Galicia” de Bos Aires no nº 432, 20/10/1903, publicado previamente en Contos da terriña (1895), e posteriormente en “Revista Gallega” nº 246, 1899; e no libro  Veira do Lar (1901). Incluído tamén na obra Literatura Gallega de Uxío Carré Aldao, Barcelona, 1911.

- nº. 69 (02/04/1903): “La jura de la bandera”.

- nº. 60 (16/03/1909) “La luciérnaga y el sapo”.   Publicado inicialmente como relato en galego co título “O sapo y-o verme de lus” en Veira do Lar (1901). Publicado posteriormente en “El  Eco de Galicia”, de Bos Aires, nº 434, 1903; en “Nova Galicia”, de Bos Aires, nº 50, 1904; na “Revista Gallega”, de Galo Salinas,  nº613 16/12/. Neste caso trátase dunha tradución ao castelán, co título de “La luciérnaga y el sapo”, con algunhas variantes, respondendo o tradutor as iniciais MML.

- nº. 180 (10/08/1910): “Compostela” (sobre la ciudad, la juventud, el amor, la poesía).

- nº. 141 (17/07/1916): “La isla azul” en la sección “Alredores compostelanos”. Último relato do libro Narraciones compostelanas que xa fora públicado no mesmo xornal:
                           a) nº. 296 (14/11/1899)               b) nº 297 (15/11/1899)
Este relato fora inicialmente publicado neste mesmo xornal no nº. 229 (26/08/1899)  Suplemento La Semana literaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario