sábado, 4 de junio de 2016

Unha aldea de catro casas

"O airiño de fins de setembro, despois dun verán bochornoso, dicía frío e obrigaba a defender o peito. No alto do Rodicio botei en falta un pasamontañas, pois o biruxe pelaba as orellas. Con todo, o que máis amola, a quen coma min está afeito ó coche, é engulir quilómetros co sillín rozando as nádegas. Mentres subía as revoltas interminables das serras, non me saía do acordo a imaxe dun mono que viñera co circo, e que lle ensinaba ó público as pousadeiras calvas de tanta nugalla como pillaba na xaula, esperando sentado polas bananas.

  O Castro da Pavana era o que se di unha aldea de catro casas. O pé da igrexa, fronte por fronte coa rectoral, había unha casa grande de ampla solaina, e un chisco apartadas, casopas máis pobres  unidas por parede medianeira."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.79

No hay comentarios:

Publicar un comentario