viernes, 3 de junio de 2016

Nesas partes da serra

"Ó parecer as dúas señoras de Acción Católica que visitaban o barrio presignábanse ó pasar pola nosa porta. Vinme negro para desfacerme das pavesas. (...)

  Cheguei á comisaria coa lingua fóra, xa non estaba afeito a camiñar, e someteume o xefe a unha das súas sesións de doutrina. (...)

  -Non lle aconsello que se meta niso. Os carteis de "Franqueira, el hombre del campo" empapelan as rúas do centro, ¡qué non pasará nos transformadores e cabaceiros do rural! Con este rival non hai nada que facer, ten vara alta entre os gordos.

  -Xa sabemos que é moi ocorrente, Nespereira. Chameino para pedirlle un favor. Houbo unha morte e roubaron unha igrexa nesas partes da serra, e preguntoume o bispo se lle podiamos botar unha man á Garda Civil. Non lle podo faltar, comprenda, teño un cuñado de cantor da catedral e a Súa Ilustrísima trátase moito coa miña familia."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.78

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario