martes, 14 de abril de 2015

Tódolos vagos...

"Non contan as crónicas o que falaron; mais sábese de certo que oito días dempois daquel parrafeo estabreceran os dous galafates o seu lar nun cavouco feito polos homes, e que servía de rexistro, como punto medio da Burga de Arriba e da Burga de Abaixo.

 A fundación, como tódalas cousas novas, foi adiante e chegou a ter moitos adiutos. Tódolos vagos e moitos fillos de familia, que sin selo, andaban chalados da casa, tiñan alí o seu agarimo, os seus compañeiros, o seu modo de vivir.

  No inverno polas noites durmían ó quente; no vrau polas tardes, cando a raxeira do sol contiña ós veciños nas casas, eles saían ás arrasadeiras, e polas noites cando se deprocataban de que os sereos prenderan no sono, nin máis nin menos que si fosen grilos, saían do burato pra cantar e toma-lo fresco."

Valentín Lamas Carvajal: “Os graxos da Burga”,  Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense, 1887, páx.97

No hay comentarios:

Publicar un comentario