lunes, 15 de septiembre de 2014

No demais son coma nós

"E non é só custión "de principios", como di o meu pai, sinón que, polo visto, como di o Arnaldo, o dono, as mulleres da vida que van ao Rexional, cando están alí, proceden nos modales como donas do señorío, e nin a mozarría dos traballadores as olla de xeito malicioso nin lles din tolaxadas, como si as non visen, que todo parez de acorde; (...)

  Como se sentan naquil veladorciño que dá á Fonte do Rei, unha vez fun coa Felisa coller unha xerriña de auga pra axexar como eran as mulleres da vida, que non tiña visto ningunha. Total, menos o pito no recanto da boca, que lles dá certo aquel de picardía, no demais son coma nós."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 164, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

No hay comentarios:

Publicar un comentario