viernes, 29 de septiembre de 2017

Un barullo de palabras que non se oían

"citou en primeira instancia o denunciante a don Rudesindo Arias Peaguda, mestre nacional,  o cal aseguraba que a el lle contara quen o sabía que a véspera do día de autos, quérese dicir o pasado día vinte, despois da concentración nocturna na Praza Maior, viran a don Andrés Fuentes Iglesias na compaña do capataz da Fábrica e outros tres ou catro individuos non identificados, nos arredores da botica, sinalando co dedo cara ó local e penetrando despois no seu interior para armar un barullo de palabras que non se oían, pero que se podían adiviñar a través dos vidrios da porta polos xestos de puños e mans."
Carlos Casares, Os mortos daquel verán, ed. Galaxia, 1ª edición, Vigo, 1987, páxs. 20-21.

No hay comentarios:

Publicar un comentario