viernes, 8 de abril de 2016

Espeteira de luxo

"Pola tarde había que render contas ó magnate, de modo que papei dúas costelas no Bar das Empresas Gómez, taberna e administración de coches de liña onde comen os padaos sabios da aldea, e, co bandullo farto, presenteime a tomar a lección. (...)

  Á mañá seguinte nin tan sequera tomei a parva co Maragato. Apresureime a despachar os asuntos de trámite encargados polo xefe e, á primeira hora da tarde, andaba xa escudriñando no Love Love e demais antros do Vilar. Din, por fin, co que buscaba no Suevia. Unha loira artificial con moito bucle e bambeo de cadeiras, espeteira de luxo e pernas descalcificadas."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.20-21

No hay comentarios:

Publicar un comentario