sábado, 9 de abril de 2016

A lume de pallas

"Non lle din tempo a desconfiar, tal vez sabía que lle andaba enriba, así que puxen cara de noxo cando me convidou a subir ás pousadas lóbregas daquela rúa, e propuxen a cambio un hotel de postín na entrada de Celanova. Acreditou na existencia do motel durante un treito de estrada. Deixamos moi atrás a Valenzá, e a rota volvíase agreste. (...)  O parrafeo e as evasivas sosegárona inda un pedazo pero, en chegando a Celanova, tiven que confesarlle o destino da viaxe. Revolveuse cal fera enxaulada e ollou a porta pensando seguramente en tirarse, de modo que pisei a fondo e non parei ata a caseta da alfándega da Magdalena. (...) Fose portugués, tal como sostiñan os do tricornio, ou español, segundo dictame dos guardiñas, o ofidio barreuse por un toxal, e nós emulamos a súa prudente determinación largando cara a Lindoso a lume de pallas."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.21-22

No hay comentarios:

Publicar un comentario