miércoles, 2 de julio de 2014

Xente ao lonxe (1972)

 A última novela de Blanco-Amor, é Xente ao lonxe (1972), obra que supón unha evocación da Auria de comezos de século, mais dun punto de vista moito máis politizado e reivindicativo. Non é a visión dun neno-adolescente de clase acomodada e educación burguesa, como en La catedral y el niño ou Los miedos, mais a dun fillo dun tipógrafo que vai descubrindo a realidade social e de loita de clases e, paralelamente, os seus propios sentimentos, os seus conflitos familiares, o seu enfrontamento coa sexualidade e o amor. Baeada, parcialmente, en feitos históricos, como a masacre de campesinos no mosteiro de Oseira en 1909 ou as primeiras folgas coincidentes cos inicios do socialismo en Ourense, Xente ao lonxe é un amplo e poderoso friso no que a multitude de personaxes -máis de douscentos cincuenta-, algúns moi presentes ao longo de toda a novela, outros apenas albiscados, dan vida con extraordinaria intensidade a ese mundo recuperado, xa para sempre, da memoria poética dun gran novelista.

  Do punto de vista da escrita, Xente ao lonxe foi un extraordinario exercicio de estilo, un esforzo inxente por fixar literariamente a lingua galega -xamais se escribira unha novela de tal magnitude no noso idioma-, cuxo resultado foi unha  obra de indiscutíbel categoría literaria.

V.V.A.A.Historia da literatura galega, ed. A Nosa Terra, v.IV, páx.1.177 (en "A narrativa de Eduardo Blanco Amor: o descubrimento dun mundo conflitivo" de Xosé Antonio Leis Ferreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario