viernes, 30 de diciembre de 2016

Nos tempos dos mouros

"E por cima deste cadro máxico e sorprendente, álzase o pequeno pobo de Santa Mariña do Monte, antigua vila convertida hoxe nun fato de casas derrangadas, nas que se acollen unhos cantos míseros labregos.

  Mesmo no medio do pobo, frente ó cruceiro que indica as dúas carreiras que van dar, unha á fonte do Chan e outra á Veiga, rodeada por anchas paredes derruídas, nas que inda se ven molduras e entallados, hai unha chouza ameazando ruína.

  Nada ofrece de notabre; solo a súa porta en forma de ferradura e unha inscriución árabe riba da ventana, indican que foi feita nos tempos dos mouros.

  En efeuto; pertence ó antiguo palacio dun rico xudío chamado Ismael.

  Xa facía moito tempo que os mouros foran botados destas feitizadas montañas, dempois de deixar a Ourense e ós pobos comarcanos todos arrasados, cando socedeu a triste historia que vamos a relatar sin lle quitar nin lle poñer nada de tal e como socedeu."

Heraclio Pérez Placer.Os dous bicos. Publicado en O Tío Marcos da Portela, Ourense, Parrafeo 185, páxs. 1-2 (19/6/1887). Recollido, posteriormente, no ano 1998 en Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, edición de Mª Isabel Soto López, Colección Narrativa Recuperada, editada polo Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, páxs. 537-545.

No hay comentarios:

Publicar un comentario