Para rematar faremos mención ao nome dalgúns grupos: “Romasanta”, grupo
metalero suramericano nacido no 2005, o seu nome parece ser pura coincidencia
co noso protagonista.
O nome do grupo que si se inspira en Manuel Blanco Romasanta é o de
“Lobishome”, grupo pontevedrés, concretamente de Montalvo, que existiu entre
2010 e 2015 e que practicaba según eles mesmos “un garaxe punk surf bastardo”.
Publicaron un longa duración “Los seres extraños que habitan tu mente” (2012) e
dous de corta duración: “Fobias, complejos, historias y huesos” (2013) e “Lobis
Mullet” (2013) disco que unía colaboracións de dous grupos bizarros: Mullet e
Lobishome.
lafonoteca.net
En clave humorística relacionada co personaxe do “sacaúntos” lembramos un
dos temas míticos da programación infantil da Televisión de Galicia de finais
do século XX, o Xabarín Club, do grupo Berrogüetto, onde o “sacaúntos” formaba
parte da dieta dos rapaces máis gordechos.
Finalmente mencionar que nas festas de Esgos desde hai unha chea de anos
celebran un festival rock que ultimamente pasou a denominarse Festival Rock
“Home do Unto”. É que o noso personaxe está máis vivo que nunca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario