Ignacio Vilar vai rodar nos dous últimos meses de 2013 e nos primeiros de 2014 a nova versión cinematográfica da novela de Eduardo Blanco-Amor. Trinta e seis anos despois de terse levado por primeira vez a gran pantalla por parte de Gonzalos Suárez, o director de "Vilamor" e "Pradolongo" vai intentar actualizar a novela por excelencia da cidade de Auria, ambientada, esta vez si, nas mesmas rúas de Ourense onde Blanco-Amor situaba a historia dos seus personaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario